A historia do home-can
José Carballude
Galicien

Synopsis A historia do home-can

O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar países exóticos. Nun deles coñece un indíxena que lle fala das posibilidades rexuvenecedoras dun elixir da súa invención. O señor Dos Santos, engaiolado pola idea de recuperar a mocidade, dálle instruccións para que lle faga chegar á casa a apócema milagreira. Logo dun tempo recibe o elixir e, sen perder un minuto, bebe a dose necesaria para perder uns cantos anos. Pero o resultado non é o esperado e o señor Dos Santos en lugar de ver reflectido no espello o corpo dun rapaz, atópase coa imaxe dun can. Malia o seu desconcerto e desesperación, le con atención a etiqueta do envase e nela descobre o porqué do novo estado: mesturara a apócema con alcohol.Asustado, sae á rúa na procura de axuda e o único que recibe son traizóns reaccións oportunistas e incredulidade.Para recuperar a súa aparencia hai un único camiño posible: cambiar a súa actitude ante a vida.
EAN
9788440304186
Éditorial
Année d'édition
2002
pages
88
Obligatoire
Libro en otro formato
langage
Galicien
Collection
(G).PUNTO DE ENCONTRO
Haute
300
Largeur
200
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres