A vixilia do bosque
Álvarez Torneiro, Manuel
Galicien

Synopsis A vixilia do bosque

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida. E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.
EAN
9788419213518
Année d'édition
2024
Pages
88
Reliure
Couverture souple ou poche
Langue
Galicien
Collection
Tambo
Hauteur
210
Largeur
145
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères