A xénese do historicismo
Meinecke, Friedrich
Galicien

Synopsis A xénese do historicismo

O Historismus, historicismo en galego, é a grande achega da escola histórica alemá á cultura universal, tanto no plano propiamente historiográfico como no filosófico. O propio autor, Friedrich Meinecke, afirma no limiar deste libro: «O núcleo do historicismo consiste na substitución dunha consideración xeneralizadora das forzas humanas históricas por outra de natureza individualizadora». A xénese do historicismo (Die Entstehung des Historismus, 1936) é a obra dun historiador profesional que indaga a xénese dunha disciplina intelectual fondamente nutada xa no Século das Luces pero que rendería os seus mellores froitos despois das revolucións de finais do século XVIII, un tempo convulso que favoreceu a eclosión dun saber histórico consolidado, na seguinte centuria, coa súa institucionalización por parte dos estados nacionais. Tan clara mutación disciplinar foi especialmente intensa no mundo alemán, o que explica a súa hexemonía na historiografía europea, que aceptou a metodoloxía histórica xermana en varios dos trazos máis definitorios; o traballo en seminario, o método de crítica filolóxica e a profesionalización de profesores e escolantes. Nacía outra forma de investigar e de escribir a historia.
EAN
9788419155825
Année d'édition
2023
pages
774
Obligatoire
Tapa dura
langage
Galicien
Collection
CLASICOS DO PENSAMENTO UNIVERSAL
Haute
240
Largeur
170
25,00 €
-5%
23,75 €
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres