Agora, eu cariota
Xosé Gago
Galicien

Synopsis Agora, eu cariota

oO xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el mesmo ao xeito de moi suxestiva Semiótica da realidade natural, elaborada co instrumento dobre da Ciencia e a Poesía. Xosé Gago escrebe a paisaxe e, asemade, le o texto dun \"mundo en colapso\", tal como entende Susana Sanches Aríns o libro nun limiar de alto nivel expresivo, magnífica escrita en espello. O autor transparenta a continuación as liñas da súa vontade de acción transformadora a través do poema: \"Nun mundo cada vez máis precariota, a resposta está nos procesos comunitarios, pluricelulares. Facernos eucariotas para perdernos no colectivo\". O eu desprendido do título quebrado medra cara á dimensión da persoa plural para fundirse coa materia da Natureza e das tribus humanas en alegato de vibrante e ben temperada disidencia.
oSen dimitir da fundamental pulsión épica, o poeta de Agora, eu cariota evita a pronuncia hipertrofiada do manifesto combativo tanto como a declaración esencial e inocente da comunicación pedagóxica. Este libro fundamenta a súa arquitectura nos alicerces da experiencia emocional, que se verbaliza a través dun discurso de singular estilo, fluído natural dunha voz que se interna con frecuencia en desvíos de imaxe inesperada, enigmática, polisémica, e que avanza en procura do \"cromosoma da nosa identidade profunda\"
oXosé Mª Álvarez Cáccamo
EAN
9788484877523
Année d'édition
2025
pages
82
langage
Galicien
Collection
VENTOALTO
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères