Alfonso Garcia Rojo, mestre republicano ribeira sacra
VV.AA.
Galicien

Synopsis Alfonso Garcia Rojo, mestre republicano ribeira sacra

Vintedous anos pasaron desde que Don Alfonso García Rojo pechou a redacción destes relatos autobiográfics. Mestre, nacido en Villalpando, 1906, e falecido en Madrid en 1997, que pasou o mellor e opeor da súa vida en Galicia. En Ourense, na Ribeira Sacra, durante o curto período repubicano, converteuse nun dos mestres de referencia, polos seus ensaios de ensino activo, coeducación, laicismo, pacifismo, misións pedagóxicas, respecto pola lingua e a cultura rural, formación do profesorado por intercambio entre iguais, fomento do asociacionismo. En Pontevedra estudou nos anos vinte, e fuxíu alí novamente en 1936, para vivir un longo exilio interior, ata o seu retorno á docencia en 1963. Cataluña, Cantabria e Madrid foron os seus novos lugares de acollida entre 1961 e 1997. Tamén se refire a episodios que viviu nestas terras, pero o eixo dos relatos son os recordos da república e do franquismo, dando testemuña histórica dos dous procesos que marcaron o noso século XX: o proceso de cambio, modernización e avances democráticos, contrarrestado por un golpe militar que nos devolve a épocas de oscurantismo, violencia e represión. A introducción de Xosé M. Cid Fernández céntrase tamén na situación educativa vivida pola escola e os ensinantes neses anos de 1931 a 1939, cunha valiosa selección documental sobre a represión sufrida polo propio mestre da Ribeira Sacra.
EAN
9788484084969
Année d'édition
2008
pages
304
Obligatoire
No definido
langage
Galicien
Collection
UNIVERSIDADE DE VIGO
Haute
240
Largeur
170
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres