Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca
Miranda Ruíz, Xosé
Galicien

Synopsis Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca

Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarao visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista... Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.
EAN
9788497824842
Éditorial
Année d'édition
2006
pages
128
langage
Galicien
Collection
AMANCIO AMIGO
Haute
207
Largeur
135
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres