Ancho mar de argazo
Rhys, Jean
Galicien

Synopsis Ancho mar de argazo

En 1966 a escritora dominicana Jean Rhys publica en Gran Bretaña "Ancho mar de argazo" considerada a súa mellor novela. A partir de entón, a súa obra literaria comeza a ser moi considerada pola crítica. As personaxes de Rhys abanean na confrontación entre unha intimidade desconcertada e o asoballamento do mundo, que mesmo pode conducir á tolemia. En "Ancho mar de argazo", unha novela de amplísimas resonancias, a autora rescata a súa protagonista da obra de Charlotte Br"nte. Jean Rhys crea un deslumbrante mundo ficcional e logra presentarnos unha das máis abraiantes e desgarradas personaxes femininas de todo o século, caracterizada desde a oposición de identidades (homes contra mulleres, negros contra brancos, Europa contra América, novos contra vellos, ricos contra pobres, etc.). Sen dúbida, unha novela excepcional. "Ancho mar de argazo" conta a historia de Antoinette, desde que era unha nena na Xamaica de principios do século XIX ata os días derradeiros da Inglaterra vitoriana onde vive internada, aqueixada dunha incurable enfermidade mental.
EAN
9788497825283
Éditorial
Année d'édition
2007
pages
184
langage
Galicien
Collection
ASLITERATAS
Haute
130
Largeur
210
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres