Ao pé da Laxa da Moa
Cortizas, Antón
Galicien

Synopsis Ao pé da Laxa da Moa

Ao pé da Laxa da Moa de Antón Cortizas recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. E abondoso o número de cantares que se recolleron, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, que dá mostra do que esta terra vale e do que podería valer todo o noso país de querérmonos un pouco máis como colectividade e de sabermos que pese ao imperio do castelán sobre a nosa lingua, pese ao poderío do número sobre a letra, pese ao andazo da falsa globalización e da uniformidade, pese a todo isto é que a Humanidade está feita de países pequenos coma o noso, está feita de recunchos que por seren pequenos son inmensos, porque están cheos de vontades e de mentes creativas e fantásticas; porque, seguindo as leis naturais, medran e se desenvolven, e rin e choran, e aman e morren na diversidade, na diferenza.
EAN
9788499140780
Éditorial
Année d'édition
2010
pages
352
langage
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Haute
220
Largeur
145
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres