As aventuras de Breogán Folgueira
Cabana, Darío Xohán
Galicien
Galicien

Synopsis As aventuras de Breogán Folgueira

Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de traballadores. Breogán é un lector apaixonado e gústanlle moito os relatos fantásticos e as aventuras cabaleirescas. O libro, precisamente, ábrese cunha imaxinada víaxe de Breogán á lúa, logo da lectura do libro de Cyrano de Bergerac sobre o mesmo tema. Unha tarde que lía o Amadís, posto en galego polo señor Ferrín, viu unha doncela que mesmo lle pareceu tan fermosa como a sen par Oriana. Esa doncela resultou ser Dosinda, unha rapaza de 1º de BUP, irmá de Denís, un compañeiro da súa clase. E así foi como deu comezo a historia de amor entre Breogán e Dosinda, onde, coma en tódalas historias de amor, hai paixón e hai celos, hai encontros e desencontros e reencontros outra volta máis. O longo daquel verán, o rapaz e a rapaza terán que artellar unha chea de estratexias, sempre coa complicidade de Denís, que lles permitan verse e viví-lo seu primeiro amor adolescente. Porque esta é unha novela de aventuras que é tamén unha novela de amor.
EAN
9788497825405
Éditeur
Année d'édition
2007
pages
120
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
MERLIN 11 ANOS
Haute
190
Largeur
135
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères