As cousas polo nome
Rebekka Salm
Galicien

Synopsis As cousas polo nome

«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia». Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación. As cousas polo nome publicouse por primeira vez en 2022. A novela retrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequena localidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre os segredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde impera a xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nada perturba a orde patriarcal. As cousas polo nome tivo unha excelente acollida, até o punto de que estivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisión pública suíza. A crítica loa sobre todo a capacidade da autora de construír e narrar historias entrelazadas que poderían lerse como relatos independentes que iluminan desde diferentes perspectivas unha violación silenciada durante décadas.
EAN
9788484877431
Année d'édition
2025
pages
182
langage
Galicien
N° collection
468
Collection
Narrativa
Haute
210
Largeur
140
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères