Bolboretas
Xabier P. Docampo
Galicien

Synopsis Bolboretas

Os camiños andados en soidade enxendran xogos. Argalladas que agarran no corazón dos rapaces... E alí, onde aniñan os amores antigos, os xogos queren facerse compartidos... Queren ser cousa de dous porque estar na compaña do ser amado é un camiño de felicidade. Un vieiro que nos pode levar a sentir un revoar de bolboretas que nos percorre o corpo enteiro... Desde a boca até ese interior que antes parecía baleiro...Da mesma maneira que esta historia nace para propiciar unha lectura compartida; nace unha lectura nova, aquela na que o adulto vai guiando o camiñar por un texto e por un tratamento plástico esixentes, pero perfectamente comprensibles e asimilables nesa lectura compartida, conversada. Para pais que querem levar á casa non só un libro para que os fillos lean, senón para ler con eles. Para aulas nas que a lectura é unha actividade tutelada. Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao lector. Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento.
EAN
9788440305138
Éditorial
pages
48
Obligatoire
Libro en otro formato
langage
Galicien
Collection
RAÑACEOS
Haute
300
Largeur
200
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres