Cabalos de vento. Curros de pedra
Teniente, Xavier;Guillermo, Xosé
Galicien
Galicien

Synopsis Cabalos de vento. Curros de pedra

O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente desapareci-do, desenvolveron en Cabalos de vento. Curros de pedra un inédito proxecto de creación visual: o de recoller en fotografía e debuxos a xornada dun curro. O resultado é este formidable e impactante volume de coidadísima edición, onde as fotografías en branco e negro de Teniente dialogan cos debuxos, iconos e textos poéticos de Xosé Guillermo reflectindo toda a fermosura do negro acibeche destes cabalos de vento. Dende a xuntanza das greas na mañanciña da fin de maio, baixo as néboas escuras e grises, até as tarefas de besteiros e aloitadores cando se espreguiza a tarde, este libro constitúe unha das testemuñas máis fermosas que se teñan feito nunca sobre o mundo do cabalo en Galicia e a cultura da rapa das bestas.
EAN
9788497829557
Éditeur
Année d'édition
2009
Pages
160
Reliure
Couverture rigide
Langue
Galicien
Collection
GRANDES OBRAS
Hauteur
260
Largeur
185
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères