Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular
J. M. C. Marcote
Galicien

Synopsis Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular

Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que se desexan achegar á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste da Península, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos.


Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é "500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsularö.
EAN
9788482894645
Éditorial
Année d'édition
2013
pages
616
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
Collection
Guías Cumio
Haute
300
Largeur
200
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres