Danny, o campión do mundo
Dahl, Roald
Galicien
Galicien

Synopsis Danny, o campión do mundo

Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos. Realmente os problemas son debidos á gran paixón do seu pai e á súa adversión polo señor Hazell, dono case absoluto da rexión na que se desenvolve a presente historia.Danny, o campión do mundo é posiblemente a novela máis realista de Roald Dahl, un dos clásicos da literatura infantil do século XX. Un libro que recolle algúns dos temas clásicos da literatura de Dahl: a súa intransixencia co tirano, a súa feroz crítico do adulto despota, o seu desexo de vinganza cando as perigosas persoas maiores amosan os seus comportamentos máis deleznables.
EAN
9788483029671
Éditeur
Année d'édition
2003
Pages
248
Reliure
Couverture souple ou poche
Langue
Galicien
Collection
MERLIN 11 ANOS
Hauteur
300
Largeur
200
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères