Desvendando Rosalía e a súa obra

Desvendando Rosalía e a súa obra

Rodríguez Sánchez, Francisco
Galicien

Synopsis Desvendando Rosalía e a súa obra

Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura. Reunimos aquí unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenmanente asumida. Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía.
EAN
9788412593945
Éditorial
Année d'édition
2024
pages
262
langage
Galicien
nº colección
1
Collection
A República das Letras
Haute
210
Largeur
140
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres