Dialectoloxía da lingua galega
Fernández Rei, Francisco
Galicien

Synopsis Dialectoloxía da lingua galega

¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas da lingua que falamos? ¿Existen dialectos no galego ou todo é unha unidade plural? ¿Qué clase de relacións ou interferencias establece o noso idioma con outras linguas veciñas?A estas outras cuestións dáse cumprida resposta nas páxinas deste libro, que son o resultado de máis de quince anos de investigación sobre a lingua oral, dende que en novembro de 1974 empezaron no Instituto da Lingua Galega os traballos para a elaboración do primeiro Atlas Lingüístico de Galicia. Francisco Fernández Rei é o coordenador e redactor do primeiro volume, adicado á Morfoloxía Verbal, e dende entón converteuse na nosa principal autoridade nestas cuestións.Dialectoloxía da lingua galega, o primeiro dos nosos MANUAIS universitarios, propón ó lector un exame completo e documentado da realidade viva do idioma a partir da súa riqueza e da súa diversidade, avaliada por unha extensa investigación de campo.
EAN
9788475074726
Éditeur
Pages
280
Langue
Galicien
Collection
LINGUA E LITERATURA
Hauteur
300
Largeur
200
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères