Diario da luz e a sombra
Moreno, María Victoria
Galicien
Galicien

Synopsis Diario da luz e a sombra

A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Eis, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rotinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro. A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Adentrarse nestas páxinas coraxudas, enchidas, paradoxicamente, de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.
EAN
9788497822336
Éditeur
Année d'édition
2004
pages
128
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
CRONICA
Haute
220
Largeur
145
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères