Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega
Fernández Salgado, Benigno
Galicien

Synopsis Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. E o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica, cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. E util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.
EAN
9788482887524
Éditorial
Année d'édition
2004
pages
1328
Obligatoire
Tapa dura
langage
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Haute
230
Largeur
150
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres