Dicionario Xurídico Galego
Galicien
Galicien

Synopsis Dicionario Xurídico Galego

O Dicionario Xurídico Galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2.000) nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia. A obra foi redactada, baixo a coordinación de Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, por 120 autoras e autores, organizados nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Civil común e de Galicia, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Financeiro e Tributario, Internacional, Mercantil, Notarial e Rexistral, Penal, Procesual e Teoría do Dereito e Dereito Constitucional. Este Dicionario, coeditado por Xerais e a Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración de Rexurga (Revista Xurídica Galega), pretende, en palabras de LucianoVarela, ser «útil para se entender entre eles, cando menos, os que traballan no ámbito xurídico, sen perda do significado especializado dos termos nin do sentido dos enunciados usados nos escritos e conversas».
EAN
9788499143040
Éditeur
Année d'édition
2011
Pages
1408
Reliure
Couverture rigide
Langue
Galicien
Collection
DICCIONARIOS
Hauteur
300
Largeur
200
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères