Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras
AA.VV.
Galicien

Synopsis Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
Nun primeiro bloque, ?María Victoria Moreno: ensino e literatura?, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 permite aproximarse a outras das pioneiras da literatura galega para as primeiras idades, que tamén conxugaron o binomio ensino-literatura para formar desde a lectura literaria nas aulas.
A mirada atenta sobre esas ?Nosoutras?, que superaron unha dupla marxinalidade ?a de ser mulleres e escritoras en lingua galega?, amplifícase no segundo bloque centrado na ?Educación literaria e artística?. Nas súas páxinas a muller galega é o epicentro de achegas que transitan entre a crítica textual, as constelacións literarias, as lecturas coeducativas e a banda deseñada. A referencialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.
EAN
9788412253764
Année d'édition
2020
pages
224
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
nº colección
3
Collection
Bibliodidáctica
Haute
240
Largeur
165
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres