- Libros
- SOCIOLOGIA
- Galicia: un pobo sen futuro?
- Libros
- SOCIOLOGIA
- Galicia: un pobo sen futuro?
Synopsis Galicia: un pobo sen futuro?
Os desafíos non se superan ignorándoos. Tampouco este. Por iso, situar o problema na axenda e na ágora públicas resulta imprescindible. O compromiso co futuro do noso pobo demanda que se fale con paixón e rigor sobre como superar esta situación, na que levamos instalados máis de dúas décadas.
Galicia sobreviviu a unha chea de circunstancias adversas durante séculos, pero nunca encarou un reto semellante ao que vén padecendo desde hai anos. Morren máis galegos dos que nacen, e con ese déficit vital o País vai esmorecendo. Pero non é tempo de laios, nin de remorsos ou reproches. E tempo de espertar e traballar xuntos por unha Galicia vizosa e nova, orgullosa do seu pasado e afouta cara ao seu porvir.