Gameleiros
Álvarez Álvarez, Manuel;Villar, Miro
Galicien
Galicien

Synopsis Gameleiros

Gameleiros é un libro cálido, fermoso, coidadosamente editado, que retrata, a través da cámara do fotógrafo Manuel Alvarez, residente en Xenebra, Suiza, os rostros dos mariñeiros da Galicia, nunha amplísima serie de fotografías feita na vila da Guarda. Os mariñeiros protagonizan o libro con eses rostros tan humanos, que falan desde a plasticidade dos primeiros planos. Tras cada fotografía, un poema de Miro Villar completa o retrato do fotógrafo cunha breve pero intensa pincelada literaria realizada expresamente para cada un dos gameleiros. As fotografías, realizadas en setembro de hai dous anos, na Guarda, definen a alma deses 27 mariñeiros de baixura que o lector pode contemplar nun libro que é unha pequena obra de arte e toda unha homenaxe á forza humana do mar de Galicia.Gameleiros é un libro que volve os seus ollos cara ó mar galego nun momento tráxico para o país, que dá idea da riqueza e da importancia dese mar, tan humano e tan insertado na alma de todos os galegos e galegas. E outro libro sobre o mar que Xerais publica, ese mar que é corazón das xentes, dignidade dos mariñeiros e que agora, por enriba de todo, cómpre defender.Punta Orelluda, Limpo de Saní, A Laxe, Baixo de Oia, O Bico, Pedra do Francisco, As loucenzas... son algúns dos topónimos mariñeiros aos que nos remiten e que evocan os rostros destes homes de mar.
EAN
9788483028391
Éditeur
Année d'édition
2002
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Haute
300
Largeur
200
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères