Guía das orquideas de Galicia
Cortizo, Carlos
Galicien

Synopsis Guía das orquideas de Galicia

Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas e nos facilitarán a utilización e comprensión das claves e descricións posteriores. Coas sinxelas claves de identificación pódense determinar os xéneros e as especies presentes en Galicia, que veñen descritas a continuación. As fichas de cada especie conteñen abundante información, que inclúe a súa descrición, diferenciación doutras orquídeas similares, hábitat, distribución, floración, mecanismos de polinización e polinizadores habituais, grao de protección etc. Todo isto acompañado de mapas de distribución por concellos e dunha completa selección de fotografías, tanto xerais como de detalle, que nos facilitará a identificación das especies. No glosario explícase a terminoloxía científica que aparece no texto e, finalmente, inclúense algunhas referencias bibliográficas, así como páxinas web onde se poderá encontrar máis información sobre orquídeas silvestres da Península Ibérica, Europa ou outras partes do mundo.
EAN
9788496526785
Éditorial
Année d'édition
2006
pages
172
Obligatoire
No definido
langage
Galicien
Collection
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA
Haute
300
Largeur
200
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres