Historia das mulleres galegas
Carreiro, Pepe
Galicien

Synopsis Historia das mulleres galegas

Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que, até non hai moito, as mulleres gaelgas, e moitas outras, mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza.

En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas "parellas sentimentais" no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un 2,3; os políticos, un 3,7; os nacionalismos, un 1,7; os bancos, un 2,1; a monarquía, un 0,6; as excarcelacións, 0,5; o desemprego, un 78,5... E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un 2,5.

A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente de traballos feitos por historiadoras: Textos para a historia das mulleres en Galicia, coordinado por Mª Xosé Rodríguez Galdo; Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar; Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal; O orballo da igualdade. Asociacionismo fiminino progresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez; Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco; 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre.
EAN
9788499951270
Éditorial
Année d'édition
2014
pages
96
Obligatoire
Libro
langage
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Haute
170
Largeur
120
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres