Lois Pereiro. Breve encontro
Fernández Serrano, Jacobo
Galicien
Galicien
Galicien

Synopsis Lois Pereiro. Breve encontro

Esta novela gráfica en branco e negro de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica "non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo".
EAN
9788499142517
Éditeur
Année d'édition
2011
Pages
160
Reliure
Couverture souple ou poche
Langue
Galicien
Collection
ALTERNATIVAS
Hauteur
245
Largeur
175
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères