Manuel Lueiro Rey
VV.AA FRAN/Y OTROS
Galicien
Galicien

Synopsis Manuel Lueiro Rey

A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida pretende actualizar e pór ao día, tanto para as xeracións máis novas coma para os seus coetáneos aínda felizmente entre nós, a traxectoria biográfica do autor de Fornelos de Montes que escolleu Pontevedra para traballar e O Grove para vivir, sen esquecer o pouso humano que deixou en tantas persoas, o seu pensamento político e, xaora, a súa extensa, e aínda hoxe pouco divulgada, produción prosística, poética ou ensaística. Para esta abordaxe, o libro convocou persoas de diversas xeracións e sensibilidades distintas que participaron nel con entusiasmo, sempre converxendo no respecto e admiración que a figura, a obra ou o legado de Lueiro suscitou neles. Velaquí, en suma, unha homenaxe literaria, dalgún xeito tamén cívica, ao autor dÆO sol na crista do galo, de quen se rescatan, asemade, textos literarios inéditos ou escasamente coñecidos da súa autoría, alén dun abondoso corpus fotográfico e documental nunca antes publicado.
EAN
9788499145068
Éditorial
Année d'édition
2013
pages
215
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
Collection
ALTERNATIVAS
Haute
240
Largeur
170
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres