Mar de bronce
Vázquez Pintor, Xosé
Galicien
Galicien

Synopsis Mar de bronce

Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. Arrastrando caxato e paraugas pola praia do Corvo, onde atracaban os bous, o vello Gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don Abel Gorospe Massiá, o fundador da conserveira "A Fábrica", onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. Sentado na pedra do collón do gato, o Ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con Minia Santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; Jennifer, a dinamarquesa, Carme, a primeira noiva da carreira ou con Fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo... Nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, Anxo Gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como Albeitos ou Casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.Esta fermosa novela coral de Xosé Vázquez Pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, Mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. Unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.
EAN
9788475071688
Éditorial
Année d'édition
2003
pages
192
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
Collection
NARRATIVA
Haute
220
Largeur
145
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres