Miss Antropía
Castro Paredes, Fernando
Galicien

Synopsis Miss Antropía

Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: Miss Antropía, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro. A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo. Calquera cousa que permita fuxir dos erros do pasado e reconstruír unha existencia feita anacos. Pero a vida da rapaza non cambia. A mesma soidade. A mesma rabia. De pronto, na nova casa, os soños de Noe comezan a poboarse de persoas ás que non coñece, de mortos, de situacións violentas que non acaba de entender. Emprenderá unha investigación para dilucidar se hai algo de real neses soños ou se dunha vez por todas se volveu tola, como moitos lle din que está. O que descubrirá será algo terrible, que a cambiará para sempre e que a axudará a atopar o seu lugar no mundo.
EAN
9788411760195
Éditeur
Année d'édition
2023
pages
272
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
N° collection
141
Collection
Coste Oeste
Haute
210
Largeur
135
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères