O carpín suicida
Landa, Mariasun
Galicien

Synopsis O carpín suicida

Augusto, un vello carpín que leva unha vida tranquila nun dos pés do carteiro Plinio, guíndase á rúa dende un cuarto piso para ver o mundo. E malia que toma esa decisión de converterse nun carpín suicida, cando lle saíu o primeiro burato na punta e logo de reflexionar fondamente, non sabe, en realidade, que a aventura de sobrevivir resulta difícil e perigosa. Mais é un carpín con sorte, e no camiño aprenderá, e descubrirá as cousas boas que a vida pode ofrecer. Mariasun Landa, recente premio Nacional de Literatura Infantil 2003, ofrece neste volume unha historia protagonizada por personaxes fantásticos que se desenvolven nun marco realista. O vello carpín, un trapo anodino, case invisible de tan cotiá, representa un personaxe inconformista, que elixe o risco antes cá seguridade. As reflexións deste carpín, a súa forma de entender a vida, os valores que vehicula, o seu carácter solitario, idealista, romántico, pero arriscado e tenaz, permite a descuberta do mundo dende abaixo arriba. As ilustracións de Federico Delicado que humanizan ao vello carpín interpretan o valor simbólico desta traxedia non exenta de esperanza.
EAN
9788497821377
Éditeur
Année d'édition
2004
pages
96
langage
Galicien
Collection
SOPA DE LIBROS
Haute
300
Largeur
200
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères