O enigma de Santiago
Neira Cruz, Xosé A.
Galicien

Synopsis O enigma de Santiago

Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia dunha trama que converte a Santiago nunha das capitais do tráfico clandestino de reliquias. O valor deses obxectos, e as súas lucrativas ganancias, fan que algúns, uns poucos poderosos, sexan quen de todo con tal de manter os seus privilexios. Mais tamén están André e o seu can Bretón. André vive na cidade desde hai uns meses, tocando polas rúas na procura dun lugar no mundo. Xuntos intérnanse nunha aventura inesperada e fascinante: a que pon en contacto dúas épocas para descubrirnos que, con independencia dos tempos, os seres humanos actúan sempre dun xeito semellante. Para ben e para mal. Quizais porque, en realidade, o tempo non existe.
EAN
9788491517245
Éditorial
Année d'édition
2021
pages
210
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
nº colección
127
Collection
Costa Oeste
Haute
210
Largeur
135
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres