O portal dos elfos
Brennan, Herbie
Galicien
Galicien

Synopsis O portal dos elfos

Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes, os terribles elfos da noite e os demos do príncipe Beleth, están dispostos a matar para facerse co control do reino. Diante da ameaza, Pyrgus vese obrigado a fuxir ao mundo dos humanos para salvar a vida. Mais os seus malvados inimigos sabotean o portal máxico que debía trasladalo e non aparece onde estaba previsto senón no xardín do señor Fogarty, un vello excéntrico e tronado. Cando os dous mundos se atopan, o universo enteiro se transformará. Coa axuda da súa irmá, a princesa Holly Blue, e do seu xove amigo humano, Henry, Pyrgus deberá volver a casa para liberar o seu reino das forzas do mal. Será quen de conseguilo? "O portal dos elfos" de Herbie Brennan é unha trepidante novela que propón vivir unha aventura excitante, chea de acción, maxia, intriga, ciencia e fantasía que o lector non quere que remate nunca. Elixido nos Estados Unidos en 2004 como o "mellor libro para xoves" e xa traducido a vinte linguas, O portal dos elfos é a primeira parte dunha triloxía, á que segue "The purple emperor", que publicará Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Fóra de Xogo.
EAN
9788497823340
Éditeur
Année d'édition
2005
Pages
416
Reliure
Couverture souple ou poche
Langue
Galicien
Collection
FORA DE XOGO
Hauteur
211
Largeur
131
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères