O punto de escarola
Neira Cruz, Xosé A.
Galicien

Synopsis O punto de escarola

Gañadora do VI Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2008 (modalidade infantil)



Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao cal a súa ousadía lle custou a carreira en cernes. E o que ten meterse co poder establecido en tempos de pouca democracia: córrese o risco de perder a cabeza.



Aínda que se tiñan noticias da existencia desta peza, críase desaparecido calquera vestixio dela. Soamente en data recente as arduas investigacións do musicólogo Davi Zinho Cempés remataron co inesperado achado dun libreto anónimo encadernado dentro dunha revista de calceta. Tan inofensivo envoltorio estaba a preservar para a posterioridade o único exemplar que se coñeza desta titiriópera mordaz, absurda, acumulativa e deseñada contra calquera poder establecido porque si.



Como editores desta reliquia histórica, é un pracer para nós poñela á disposición das lectoras e dos lectores, coa esperanza de que a mensaxe final do seu texto reine nos corazóns e nos ánimos de todos.
EAN
9788492630011
Éditorial
Année d'édition
2009
pages
52
Obligatoire
No definido
langage
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Haute
240
Largeur
160
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres