Outro idioma é posible
Moure, Teresa
Galicien

Synopsis Outro idioma é posible

Nos últimos anos, o sensible incremento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento reclaman unha lingua que supere as barreiras entre comunidades, máis ata hoxe ningunha institución con competecias mundiais se pronuniciou sobre cal debe ser esa lingua que se usará nos contactos internacionais. Outro idioma é posible pretende chamar a atención sobre o feito de que en todo o mundo se impón acriticamente o inglés, colocándose nunha situación de privilexio. Teresa Moure salienta no seu ensaio que as dificultades para a comunicaión poden salvarse con mecanismos que non respondas aos intereses ideolóxicos da globalización e o pensamento único. O máis orixinal deles, e tamén o máis silenciado, consiste no uso dunha lingua artificial, construída deliberadamente para a comunicación internacional. Esa é a única posición ética en materia lingúística: o compromiso coa lingua propia de cada comunidade e o respecto cara a todas as culturas do mundo. Dese xeito garántese a pervivencia das pequenas linguas do mundo, hoxe ameazadas pola uniformidade dominante.
EAN
9788482888040
Éditorial
Année d'édition
2005
pages
168
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
Collection
ENSAIO
Haute
210
Largeur
140
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres