Palabras envelenadas
Carranza i Gil Dolz del Castellar, Maite
Galicien

Synopsis Palabras envelenadas

¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable. Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga. Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince anos. Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves. As veces, a verdade permanece oculta na escuridade e só se ilumina ao abrir unha xanela. Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas aparencias que pon o dedo na chaga sobre mitos incuestionables. Un relato arrepiante que disecciona a hipocrisía da sociedade española moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.
EAN
9788483492543
Éditeur
Année d'édition
2010
pages
264
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
PERISCOPIO EN GALEGO
Haute
205
Largeur
130
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères