Plastic dolls show. Cabaré en clave metaliteraria
Olivia Pena
Galicien

Synopsis Plastic dolls show. Cabaré en clave metaliteraria

Plastic dolls show
Cabaré en clave metaliteraria

Nun cabaré, a medio camiño entre a realidade e a fantasía, asistimos á desesperada metamorfose de Juliette como a única saída ao tedio da existencia. Unha fuxida cara a ningunha parte que Casandra, guiada só polo que ve nos soños que a asedian cada vez con máis frecuencia desde hai algún tempo, intentará deter para evitar unha traxedia tan irremediábel como previsíbel, e que, talvez precisamente por iso, nos fai sentir un abismo baixo os pés. Así, cun nó de vertixe no estómago, ficamos a ollar o espectáculo -denigrante e tenro asemade- dunhas personaxes imposíbeis que tecen e destecen neste inframundo os seus soños máis íntimos, que ensaian cada noite ousados pasos de ballet na corda frouxa da loucura, por veces flirteando inxenuamente coa morte, en canto finxen outras vidas para esqueceren as propias. E, sempre, de fondo, as bonecas de plástico que observan con noxo -recreándose morbosamente na dor allea- , o devir da traxedia.
EAN
9788484873143
Année d'édition
2016
pages
116
langage
Galicien
Collection
TEATRO
Haute
300
Largeur
200
14,00 €
-5%
13,30 €
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres