Republica (Platon)
Platon
Galicien

Synopsis Republica (Platon)

A República é, desde moitos puntos de vista, a máis importante obra de Platón. A conversa inicial entre Sócrates e diversos personaxes como o sofista Trasímaco ou os irmáns máis vellos de Platón acaba centrando o tema na natureza e dimensión da xustiza para os humanos. Agora ben, en vista de que a persoa perfectamente xusta é para Platón a perfectamente boa en todos os sentidos, o asunto consiste, a fin de contas, na determinación dos fundamentos e o valor dunha vida boa. Ese núcleo argumental brinda ao autor a ocasión de manifestar a súa posición ante o práctica totalidade das cuestións que podía abranguer un pensador da Grecia clásica: a natureza do ser, a estrutura da mente, o método científico ou a subordinación da orde social e do sistema educativo á natureza do individuo. A República representa, pois, o primeiro gran tratado da filosofía occidental, unha obra profética e eterna, que, concibida varios séculos antes da nosa era, aborda aspectos que aínda hoxe, no terceiro milenio, continúan sendo obxecto de reflexión e debate. A nosa versión galega incorpora os dez libros completos da obra orixinal
EAN
9788415876649
Année d'édition
2014
pages
690
langage
Galicien
Collection
PENSAMIENTO UNIVERSAL
Haute
300
Largeur
200
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres