Retallos daquela infancia
Álvarez, Bautista
Galicien
Galicien

Synopsis Retallos daquela infancia

Bautista Alvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. O cadáver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a súa identidade. A procesión do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os días antes de saír pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidadesà Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raíz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Alvarez emparentan con páxinas de Anxel Fole, Castelao e outros autores da tradición do mellor relato galego do século XX.
EAN
9788499145303
Éditorial
Année d'édition
2013
pages
200
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
nº colección
340
Collection
NARRATIVA
Haute
220
Largeur
146
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres