ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA
Andrés Pociña e Aurora López
Galicien

Synopsis ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA

Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de Castro. Temos á man documentación cronobiográfica fundamental, como a que demostra, por exemplo, a vida tan temperá da autora coa súa nai, en Padrón (segundo achado do finado Manuel Pérez Grueiro no rexistro deste concello), o que valerá de vez -esperamos- para desmontar fantasías sen fundamento ningún sobre as relacións materno-filiais. Temos un completo percurso pola crítica contemporánea de Rosalía, que nos ilustra sobre a recepción que a súa obra merecía. Fica debuxada unha biografía, con dados certos, tantas veces falseada ou ocultada; permítenos o libro practicarmos un itinerario crítico onde non se ocultan dados, autores, nin se furtan valoracións, cousa sempre de agradecer para os que estimamos que se xogue \"coas cartas boca arriba\" e non, como tantas veces padecemos, usando da \"vaporización\" orwelliana para facer desaparecer (como se houbese que asentir ao revival do \"Indice\") obras ben significativas e valiosas da fortuna crítica de Rosalía de Castro.
EAN
9788484872672
Année d'édition
2015
pages
438
langage
Galicien
Collection
ENSAIO
Haute
300
Largeur
200
29,99 €
-5%
28,49 €
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères