Todo vai ir ben
Gómez Xurxo, Silvestre
Galicien

Synopsis Todo vai ir ben

Minia está preocupada porque non sabe o que lle pasa a súa nai. As idas e voltas constantes ao médico co seu pai, as súas apertas máis emocionadas ca de costume ou os seus ollos apagados convéncena de que algo grave lle está sucedendo. As conversas que Minia, xa na altura dos quince anos, mantén con Churbi, o seu peluche, axúdana a reflexionar e a comprender que mesmo diante dos problemas máis difíciles e dolorosos cómpre encarar a vida con serenidade, confianza e esperanza. "Todo vai ir ben", terceira novela xuvenil de Silvestre Gómez Xurxo, aborda con delicadeza e profundidade humana o tema do cancro, dende a experiencia dunha adolescente que está abrindo os seus ollos á vida e se ve obrigada a compartir o sufrimento e a loita contra a enfermidade grave da súa nai. Novela realista, artellada no xogo de dúas voces narrativas, proporciona unha visión informada e de lectura emocionante sobre algúns dos problemas aos que inevitablemente se enfrontan moitos seres humanos.
EAN
9788497822589
Éditorial
Année d'édition
2005
pages
160
langage
Galicien
Collection
FORA DE XOGO
Haute
210
Largeur
130
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres