Un banquete fabuloso

Un banquete fabuloso

Morales, José
Galicien

Synopsis Un banquete fabuloso

Peluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta; pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño, a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño. E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será ôun banquete fabulosoö para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista. Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais, Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final. En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos. As dinámicas e eficaces ilustracións de Mar Ferrero e os magníficos personaxes que crea, fanque o tempo narrativo flúa con facilidade, permitindo que o pequeno lector entenda o proceso de crecemento e sinta a fantasía do texto como unha experiencia propia. Ademais, nas ilustracións, podemos atopar divertidas chiscadelas que axudan a interpretar visualmente detalles non transmitidos en palabras, cunha formulación que abre a porta a novos significados e insuflan vida á relación palabra-imaxe
EAN
9788498717273
Éditorial
Année d'édition
2024
pages
40
Obligatoire
Tapa dura
langage
Galicien
Collection
COLECCION O
Haute
230
Largeur
250
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres