Unha última carta
Papatheodoulou, Antonis
Galicien

Synopsis Unha última carta

"Unha última carta" transpórtanos a unha pequena e fermosa
illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar
cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible
para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica
que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta
unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio
de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas...
As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes... Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos
de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior
do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático,
cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres,
e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.
EAN
9788484642718
Éditeur
Année d'édition
2018
Pages
48
Reliure
Couverture rigide
Langue
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Hauteur
150
Largeur
200
Avis d'autres lecteurs
Écris ton avis
0 Avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères