Unha viaxe no Ford T
AgraFoxo, Xerardo
Galicien

Synopsis Unha viaxe no Ford T

Unha viaxe no Ford T ten unha prosa de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do lector ou lectora ata o final. A personalidade literaria de Ernest Hemingway e as súas viaxes a Galicia son o marco literario no que se desenvolve a historia que Xerardo AgraFoxo conta en Unha viaxe no Ford T. Logo da súa estadía na Finca Vigía, a casa que o escritor norteamericano posuía en Galicia, un fotográfo descobre casualmente varias pistas que o levan a coñecer a historia de amor vivida por Hemingway en Galicia nos seus tempos de xornalista. De aquí parte a novela de AgraFoxo para ir desenvolvendo, cunha sorpresa despois doutra, unha narración na que o misterioso atractivo dunha muller vai agochar a cara oculta dunha paixón. Narrada cunha prosa directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor con oficio e pulso literario de seu. O Premio García Barros volve enriquecer o panorama narrativo galego coa obra dun escritor que renova o xénero da novela de viaxes. AgraFoxo, segundo palabras do xurado que lle outorgou este premio, xoga coas referencias culturais e fai un tratamento orixinal e moderno que sitúa a novela na encrucillada entre o local e o cosmopolita. Unha prosa limpa, rica e vivaz, que fai que o lector ou lectora emerxa nunha trama insospeitada que mantén a tensión narrativa durante todas as páxinas da novela.
EAN
9788482887555
Éditeur
Année d'édition
2004
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
LITERARIA
Haute
210
Largeur
140
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères