VIAXE DO CASTREXO, A
PLAZA POUTAS, ALEXANDRE
Galicien

Synopsis VIAXE DO CASTREXO, A

A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado. Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas. Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor. E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.
EAN
9788411760584
Éditorial
Année d'édition
2023
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
Collection
LITERARIA
26,20 €
-5%
24,89 €
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres