HISTORIA DA ARTE 2ºBACHARELATO
Galego

Sinopse HISTORIA DA ARTE 2ºBACHARELATO

Este libro está supeditado ao nivel do alumnado ao que vai dirixido co obxectivo de conseguirmos unha formación, máis que unha información, de quen o utilice.

Valoramos de importancia transcendental que este novo proxecto obedece ás normas de modificación do currículo (derivadas do RD 231/2002) estabelecidas pola Comunidade Autónoma (publicadas no DOG nº 135 do15/07/02) e que, recolle adaptacións, suxestións e respostas ás necesidades pedagóxicas nacidas da experiencia dos docentes nas aulas.

Tamén consideramos un elemento importante a valorar o feito de que este libro estea feito en Galicia por profesores galegos, o que posibilita tamén un maior achegamento á arte desde o punto de vista de Galicia.

A metodoloxía aplicada resúmese da seguinte forma:

No primeiro bloque introdúcese ao alumnado no feito artístico en si, as conceptualización da arte e os artistas a través do tempo, os métodos da Historia da Arte e unha guía orientativa sobre como ler as obras de arte.

Nos seguintes faise un percorrido pola Historia da arte, agrupándoos por épocas e/ou estilos. En cada tema empézase facendo unha contextualización da época e/ou o estilo a tratar, relacionando feitos históricos cos artísticos, o que permita o maior entendemento das obras. Ao final dos mesmos propóñense unha serie de actividades, Traballamos sobre a arte, coas que se pretende a participación activa dos alumnos e alumnas na análise e estudo da arte.

O último bloque, de Conservación e difusión do Patrimonio artístico, refírese á defensa do patrimonio, tendencias, resultados e limitacións, incluíndo unha reflexión sobre o papel dos museos e cara a onde van as tendencias en conservacións na actualidade. Ao final do mesmo inclúe un Apéndice coa lexislación actual sobre museos.

O Glosario final, non exhaustivo, pretende axudar ao coñecemento de termos artísticos en galego.
EAN
9788496128101
Editora
Ano de edição
2013
Páginas
476
Idioma
Galego
Coleção
2ºBACHARELATO
Altura
300
Largura
200
37,45 €
-5%
35,58 €
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres