A corpo aberto
Rivas, Manuel
Galego
Galego
Galego

Sinopse A corpo aberto

A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo "Indie". Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente. Como no Ciprianillo, o popular libro dos tesouros ocultos, o lector non debe ler senón desler, do presente ao pasado, ao xeito do arqueólogo que se interna na caverna da España do Oltimo Día. A segunda trata da "amnesia retrógada", unha viaxe contra o esquecemento e unha denuncia do "complexo de Creonte" no que aínda se manteñen as elites máis influentes da dereita española. Na terceira, "A revolución do mar", cóntanse, entre outras, dúas loitas que contribuíron a modificar a nosa conciencia medioambiental: a expedición do Xurelo á Fosa Atlántica e o "thriller" do caso Prestige. E, por último, na cuarta, "As Reexistencias", unha sorte de historias naturais escritas cunha respiración alternativa, entre dor e humor. En todo caso, o propósito deste libro responde á idea que enunciou con encarnizada precisión Rodolfo Walsh: escribir é un avance laborioso contra a estupidez.
EAN
9788497829298
Editora
Ano de edição
2008
Páginas
352
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
CRONICA
Altura
145
Largura
220
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres