A forza pública na Universidade de Santiago

A forza pública na Universidade de Santiago

Carballo Calero, Ricardo
Galego

Sinopse A forza pública na Universidade de Santiago

Honni soit qui mal y pense. Isto non é un panfleto, é un relato. Quen crese o contrario, nin da FUE sabe, nin sabe de min. Escríbeseeste libro para que a opinión coñeza con exactitude o que apenas puido entrever a través da prensa turiferaria do despotismo, a través das palabras ?palabras aladas, fugacísimas? nosas. Durante moito tempo só a eles lles foi dado falar. Hora é xa de que se eleve a nosa voz, e de que se lles responda. Pero non faremos outra cousa, en canto sexa posible, senón narrar os feitos. Eles sangran elocuencia, contundente e limpísima. Sexa o meu relato todo o obxectivo, todo o imparcial, todo o frío que pode ser un relato escrito por un actor na historia que di. Nada hai aquí no aire colgado, na vaguidade prendido, aprendido no abstracto dun rumor, afincado no contar anónimo. Da veracidade de canto aquí se di, e eu en persoa non presenciei, responden actores, testemuñas oculares dos feitos. Claro que, subsidiariamente, tamén respondo eu. E así vai esta narración ao público, escrita por un estudante que non só non ocupa xa cargo ningún na FUE, senón que se sente un pouco afastado dos afáns ordinarios da xuventude escolar; pero sente fondamente enraizado, na entraña da alma, o fervor universitario; e máis respecto ante a toga do mestre que ante a toga do xuíz. Oxalá se lean estas páxinas con claridade de corazón, e a sospeita infame ou o sectarismo vil non turben a mirada de quen as lea?.
EAN
9788491514602
Editorial
Ano de edição
2020
Páginas
96
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
nº colección
139
Coleção
BIBLIOTECA LITERARIA CONSORCIO SANTIAGO
Alto
240
Largura
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres