A rede branca
Morgan, Paco
Galego
Galego

Sinopse A rede branca

Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botar todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ou serven de nexo e escusa para trazar este vibrante fresco urbano. Con esta obra, finalista da XL edición do Premio Xerais de Novela, Paco Morgan estréase como autor utilizando os códigos do xénero para trazar a inquietante radiografía dunha sociedade dominada pola cobiza e o individualismo. «A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfecta que comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obra escrita cunha prosa tan directa e contundente como unha puñada nos beizos.
EAN
9788411104999
Editorial
Ano de edição
2024
Páginas
160
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto
230
Largura
155
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres