A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUB
Antón Beiras Cal
Galego

Sinopse A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUB

Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. Unha viaxe que comeza na Grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. Tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. Naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. Hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo público. O teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo Panóptico de Bentham, onde un Grande Irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías onde habitan os privados.
Como Raiola de Cortazar, pode ser lido de principio a fin. Pero tamén pode empezar por ?O Paradoxo de Kaolin?, seguir con ?Emerson, Lake & Pálmer? e volver ao principio. Ou a Ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a Grecia, á república cidadá e rematar con Kant: a súa formulación da autonomía privada.
Pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos; a séculos da tradición republicana. Se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao Sr. Almunia, ?O bordel da estrada?.
Ou léao, pero tómese unha aspirina.
EAN
9788484872948
Ano de edição
2015
Páginas
150
Idioma
Galego
Coleção
ENSAIO
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres