A viaxe de Omoh
Terradas, Jaume
Galego
Galego

Sinopse A viaxe de Omoh

Cando Omoh espertou estaba enchoupado. Abrazaba un tronco áspero e tiña máis frío do que lembraba ter sentido nunca, cos dentes a batarlle sen control. Custoulle comprender onde se atopaba. Unha terrible tormenta arrastrara a súa balsa mar adentro. Decatouse de qe non estaba só. Outro náufrago, instalado sobre o mesmo tronco ca el, fitábao atentamente. Tratábase dunha lagarta de ollos escuros que, incriblemente, se puxo a conversar con el. A pequena goleta do Loiro recolleraos e Omoh inciará unha longa viaxe que o levará moi lonxe da súa casa. Ata entón, Omoh só coñecía a súa illa, e soñaba con volver a ela. Despois de múltiples peripecias, dende o encontro inagardado cunha balea ferida, á abordaxe dun barco de piratas, Omoh e o Loiro atracarán no que pensan é porto seguro. Alí, sen embargo, Omoh verase obrigado a embarcar de novo, nesta vez como polizón, nun mercante no que fará unha grande travesía deica o porto de San Francisco. As novas peripecias e tarefas que viviu durante a "gran viaxe" e, por riba de todo, as relacións que estableceu cos personaxes que foi atopando, dende o Músico á Fanny, unha moza loira da súa idade, espertáronlle dúbidas sobre o seu futuro e un forte desexo de coñecer outros lugares.
EAN
9788483027660
Editora
Ano de edição
2002
Encadernação
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
SOPA DE LIBROS
Altura
300
Largura
200
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres