Aire negro
Fernández Paz, Agustín
Galego
Galego

Sinopse Aire negro

Cando o doutor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátirca, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que pasa o día enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún ignorado naufraxio. O doutor conseguirá que Laura volva recordar todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía adiviñar que, deste xeito, estábanlle abrindo a prta a unha realidade terrible que os deixaría marcados para sempre. Air enegro mestura os elementos dos xéenros fantástico e de terror para construír un thriller absorbente. Aire negro, unha das máis loubadas novelas de Agustín Fernández Paz, é unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a liña derradeira. A presente edición, a dçécimo terceira, foi completamente revisada e actualizada polo autor.
EAN
9788497829618
Editora
Ano de edição
2009
Páginas
216
Encadernação
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
FORA DE XOGO
Altura
210
Largura
135
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres